Aberto por obras. Día d@s veciñ@s.

O xoves día 25 de xullo ás 19:30 convocouse a unha visita guiada moi especial para os veciños e veciñas de Currás, así como para @s propietari@s dos terreos, que tan amablemente deron o seu permiso para realizar esta campaña arqueolóxica. Nesta visita explicouse o proxecto, o proceso de escavación, os achádegos realizados nestes días e os resultados desta primeira intervención. O punto de encontro elexido foi o local da Comunidade de Montes Veciñal de Currás, dende onde fomos andando cara o xacemento, onde nos dividimos en grupos de aproximadamente 15 persoas para seguer as explicacións en cada cata.

Sen dúbida, posto que o 28 de Xullo pechouse a escavación, tratouse dunha oportunidade única para coñecer de preto este fantástico patrimonio arqueolóxico presente na parroquia de Currás, no concello de Tomiño.