Benvid@s!!

Neste espazo preséntase toda a información sobre o proxecto de recuperación e posta en valor do xacemento romano de Currás (Tomiño, Pontevedra). Un proxecto de investigación que xurdiu no verán de 2013 e está coordinado dende o Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, baixo o patrocinio do Concello de Tomiño, a colaboración da Comunidade de Montes de Currás, e a axuda inestimable da Asociación de veciños "Os Medos" de Currás. 

Recentemente rematamos a primeira fase deste proxecto, que se concretou na Exposición "Tomiño romano: o xacemento de Currás", que tivo lugar entre o 25 de Outubro e o 9 de Novembro de 2014 no concello de Tomiño, e na Igrexa da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela entre o 4 de Febreiro e o 14 de Marzo de 2016. Podes descargarte aquí  o PDF do catálogo da Exposición.

Na actualidade estamos traballando para que a segunda fase deste proxecto sexa unha realidade e permita recuperar na súa totalidade  este xacemento e polo en valor... Seguimos traballando!!!

Consulta as nosas publicacións...

Galería de imaxes da intervención de 1972

Galería de imaxes da actuación de 2013

Novas

04.02.2016 10:00
Do 04 de Febreiro ó 14 de Marzo de 2016, na Igrexa da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela
Elementos: 1 - 2 de 2