Fase 2: Intervención arqueolóxica en área

Temos que partir de que a realización desta segunda fase está en función dos resultados da primeira, e non é posible garantir nin planificar ao 100% todo o proxecto. Malia a isto, o obxectivo é realizar unha escavación arqueolóxica en área para descubrir e deixar á vista a totalidade (ou amplos sectores suficientemente significativos) do xacemento, así como para coñecer detalladamente as súas características históricas e patrimoniais.

 

Actuacións a realizar nesta fase 2:

 

  • Adquisición dos terreos privados a escavar (ou cesión dos mesmos ó dominio público).
  • Escavación arqueolóxica en área (nunha única campaña ou en campañas sucesivas).
  • Estudio de niveis de ocupación (unidades estratigráficas) e análise de estruturas (arquitectura e construción, interpretación).
  • Estudio integral dos materiais arqueolóxicos atopados.
  • Inserción dos resultados da escavación nun estudio mais amplo a nivel territorial (poboamento e ocupación do Baixo Miño en época romana e altomedieval).
  • Traballos de protección, consolidación e conservación preventiva de estruturas e restos mobles.
  • Difusión e rendemento sociocultural inmediato de todo o proceso de escavación (política de “aberto por obras”: presenza on line nas redes sociais, visitas guiadas, conferencias divulgativas, talleres didácticos, etc.).
  • Difusión e rendemento científico dos resultados: conferencias plenarias, comunicacións en congresos, artigos en revistas especializadas, etc.