Proxecto

 

As bases deste proxecto xurden en 2012 cando a investigadora do Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT), Silvia González Soutelo, na procura de información para un artigo sobre a vila romana de Currás, entrevístase co único membro vivo do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño –D. Xoán Tamuxe–. Nesta entrevista, é cando o historiador local testemuña o interese que os veciños da parroquia tíñanlle amosado por recuperar o xacemento en repetidas ocasións.

Nun primeiro encontro coa Asociación de veciños da parroquia de Currás confirmábase que, efectivamente, os veciños tiñan interese en recuperar un xacemento esquecido que formaba parte da historia e devir dos veciños de Currás, pero tamén foi fundamental o apoio do Concello de Tomiño en facelo posible. Dende este momento o GEAAT amosaría o seu interese en implementar un proxecto de investigación, recuperación e valorización adaptado ás demandas formuladas pola propia comunidade local de Currás. 

 

Polo tanto, o proxecto presentado pola Universidade de Vigo concíbese como un proxecto integral, ambicioso e de longo percorrido, que pretende respostar ás necesidades sociais, patrimonais e culturais que demanda o propio xacemento e os seus usuarios/beneficiarios (veciños de Currás, Concello de Tomiño, comarca do Baixo Miño).