Fase 1: Identificación, caracterización e valoración do xacemento

Cando se realiza unha escavación arqueolóxica o traballo non remata o derradeiro día da escavación. Tras iso toca valorar os resultados, consultar documentación, identificar os posibles achádegos, realizar actividades de divulgación e por suposto, sentarse a valorar a viabilidade do proxecto.

É por todo o anterior que nesta fase identificouse e caracterizouse o xacemento para poder deseñar futuras intervencións, a partires da:

 

  • Recuperación e estudio de toda a información dispoñible (planimetrías e fotos antigas, materiais inéditos depositados no Museo, informacións orais, microtoponimia, mapas e fotografías aéreas, etc.).

  • Establecemento de bases topográficas e elaboración dun SIG propio do xacemento. Estudio e tratamento dunha cartografía de detalle en base aos datos LIDAR.

  • Prospección xeofísica (magnética e xeorradar).

  • Sondaxes valorativas para localizar as estruturas exhumadas en 1972.

  • Estudio estratigráfico e de estruturas e materiais aparecidos nas sondaxes.

  • Difusión e rendemento sociocultural dos resultados da intervención (visitas guiadas, conferencias divulgativas, exposición temporal).