25 de Xullo: Xornada de portas abertas

Na visita de hoxe, @s protagonistas foron os veciños e veciñas de Currás, así como @s propietari@s dos terreos onde se fixo a intervención.

Foi un acontecemento moi emocionante xa que asistiron á visita preto de cen persoas, a maioría veciños de Currás, que mostraron a súa ilusión por voltar a ver o xacemento e mesmo nos botaron unha man para identificar algunhas persoas na mostra fotográfica da Escavación de 1972 (tivemos a sorte de contar con persoas que estiveran daquela nos traballos arqueolóxicos!).

De novo, o noso máis sincero agradecemento...