27 de Xullo: Xornada de portas abertas

Para rematar coas quendas de visitas guiadas o sábado 27 tiveron a oportunidade de coñecer o proxecto os veciños e veciñas do Baixo Miño, con unha visita pola mañá e outra pola tarde. 

Entre as persoas asistentes contamos con xente que xa estivera na Escavación do 1972, quen agradeceron a posibilidade de poder coñecer máis de preto a intervención e desexaron sorte para darlle continuidade ao proxecto de escavación. 

- Ás 11:00, a pesares da choiva e o mal tempo, acercáronse a coñecer ás nosas actuacións un pequeno grupo de visitantes que non quixeron deixar de coñecer os traballos realizados nesta primeira Fase. Entre eles, un visitante moi especial: D. Xoán Martínez de Tamuxe, participante do equipo técnico das escavacións de 1972.

- Xa pola tarde, ás 18:00, xa sen choiva e cun tímido sol, contamos cun amplio grupo de visitantes de todas as idades, entre eles a concelleira de cultura do Concello de Tomiño, que non quixeron perderse esta boa oportunidade de ver de primeira mán os traballos realizados na villa romana e na necrópole tardorromana de Currás nesta campaña de investigación. A tod@s, moitas grazas polo voso interese!!!