15 de Xullo

Ver resumo en vídeo de Fany.

Ver resumo en vídeo de Alba.

Hoxe tocoulle o turno ao xeorradar, a imaxe axuda para facerse unha idea do que estivo a facer:

O xeorradar ou GPR (do inglés Ground Penetration Radar) serve para facer unha prospección do terreo a partir da reflexión de ondas electromagnéticas, de xeito que se detectan alteracións no tipo de materiais (pode ser porque cambia o material ou porque haxa un espazo baleiro). A súa principal utilidade é que aforra un montón de tempo e traballo, recollendo moita información dixitalizada.

Moito menos técnico foi o traballo de quitar canto resto de alcolito había no chan... E cómpre agradecer a parte "oscura" do traballo da equipa de arqueoloxía, apartando ramallada varia para poder pasar a vindeira fase. Ao final do día este foi o resultado: