Obxectivos

Nesta nova etapa de estudo e intervencións arqueolóxicas que comeza este ano 2013 no lugar onde se realizaron as escavacións no ano 1972, os nosos obxectivos son os seguintes:

  • Formular unha investigación histórica e arqueolóxica completa a largo prazo, de xeito tal que Currás poida converterse nun referente histórico na comprensión da evolución do período romano cara o mundo altomedieval no ámbito do Baixo Miño en particular, e do Noroeste peninsular en xeral.

  • Desenrolar as intervencións arqueolóxicas que permitan identificar e recuperar os restos escavados en 1972, así como exhumar e completar o noso coñecemento sobre este xacemento, cunha visión de conxunto sobre a villa, a necrópole e a posible igrexa, segundo os medios dispoñibles.

  • Levar a cabo a conservación/restauración das estruturas descubertas e a musealización das mesmas (circuíto de visita, paneis informativos, posible centro de interpretación, etc.).

  • Procurar a difusión e o impacto sociocultural (non só histórico ou científico) do xacemento, especialmente a nivel local e comarcal. Esta posta en valor será coetánea a todo o proceso de execución do proxecto, en cada unha das súas fases na medida que lle corresponda, e non soamente ó final do mesmo, cando estea rematada a conversión do xacemento en “produto cultural".