Fase 3: musealización 

Conxunto de actuacións encamiñadas á creación dun “produto cultural” que funcione como recurso identitario, socioeconómico e cultural a diversos niveis: plasmación e orgullo das orixes propias para a poboación local, servizo cultural para o concello e referente simbólico e histórico para a comarca do Baixo Miño e o Noroeste peninsular.

 

Os traballos a realizar nesta fase 3 serían os seguintes:

 

  • Obras de conservación/restauración activa das estruturas descubertas, incluíndo reconstrución ou recreación se fose necesario.

  • Dotación de equipamentos para a visita pública e para o correcto desfrute e interpretación do xacemento.

  • Dotación, se fose orzamentariamente posible, dun centro de recepción de visitantes ou incluso dun centro de interpretación.

  • Difusión e rendemento sociocultural e turístico do xacemento musealizado.