24 de Xullo

Ver vídeo resumo do día de Dani.

Como somos xente de ben, limpiñ@s e asead@s, hoxe deixamos as catas listas e dispostas para as visitas que se van facer os vindeiros días.

A estrea será mañá, diante das veciñas e veciños de Currás, e das persoas propietarias dos terreos que deron permiso para facer a prospección e as sondaxes, a quen aproveitamos para darlle as gracias unha vez máis.