Colaboracións

A Asociación de Veciños "OS MEDOS" de Currás é a entidade colaboradora do proxecto. Alén desta asociación, hai persoas que a nivel individual colaboran co proxecto como voluntarios e voluntarias.

Voluntariado

Dende o Concello de Tomiño facilitouse a posibilidade de realizar un voluntariado na escavación a través da OMIX Tomiño. Nesta primeira fase do proxecto participaron varias persoas de Tomiño e da comarca do Baixo Miño. 

Os máis sinceiros agradecementos para tod@s eles/as: Ángel, Dani A., Geli, Eduardo, Hugo, Dani de Amorín, Rosi e Silvia. 

Os Vídeos do día a día están feitos por Suso Pando, que grava cada día o caderno de bitácora da escavación.
A web do proxecto, en colaboración coa equipa da escavación, está realizada por Hugo Lage (Buguina).